Contamos coa axuda de profesionais e empresas.

Francisco Castillo

Dr. Xeógrafo colaborador experto en Clima e Educación.

Desenvolveu o seu traballo científico no campo da Climatoloxía. Con longa experiencia na formación do profesorado. Nos últimos anos traballou no ámbito da xestión territorial. Foi Xefe de Servizo de Paisaxe e Director do Departamento Técnico de Estudos do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia. Na actualidade, compaxina o seu labor docente con diferentes proxectos vinculados ao mundo da paisaxe, o clima e o territorio.

Belén Borobio Sanchiz

Arquitecta e Promotora para a igualdade. Colaboradora en igualdade efectiva.

Arquitecta pola Universidade de Navarra no ano 2001, Promotora para a igualdade efectiva entre mulleres e homes, con certificado de profesionalidade Nivel 3. Formada en Educación Creadora con Diraya Expresión (2011-2012) e Arno Stern (Paria 2017). Forma en Escoita Activa con Antonio Guijarro Morales (Centro de Psicoterapia Humanista en Madrid). Podes coñecerla mellor no seu taller de expresión.

Juan Carlos Maneiro Cadillo

Biólogo experto en pesca, acuicultura e alimentación.

Desenvolveu a súa actividade laboral fundamentalmente vinculada á Xunta de Galicia coa especialización no control da calidade do medio mariño, a aplicación da normativa técnico-sanitaria de produtos mariños e a xestión pesqueira, onde ocupou diversos cargos directivos entre que Cómpre salientar: Director Técnico e Director Xeral do Centro de Control da Calidade do Medio Mariño; Director do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (INTECMAR); Director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar; Secretario xeral do Mar da Consellería do Mar; Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar.

Claudia del Pino Martínez

Posgraduada en turismo, especialista en panificación e marketing estratéxico.

Posgraduada en turismo pola Universidade de Santiago de Compostela, especialista en panificación e marketing estratéxico. Traballou no Centro de Estudos e Investigacións Turísticas da USC, entidade na que tamén exerceu como docente no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización. Colaborou en numerosos proxectos públicos e privados do sector turístico nas áreas de marketing estratéxico, información, promoción e produto turístico. Actualmente é docente e consultora en turismo traballando sempre baixo a visión de que o único desenvolvemento posible é o que focaliza o interese nas poboacións locais e na conservación do medio ambiente.

Augusto Pérez-Alberti

Catedrático de Xeografía Física. Colaborador en Xeomorfoloxía e Paisaxe.

Foi profesor titular ata o ano 1999 e catedrático desde 1999 a agosto de 2018 na universidade de Santiago de Compostela, ademais foi profesor convidado nas universidades de Le Mans e Nantes (Francia) e Neuquen (Arxentina). Foi investigador visitante nas de Guelph (Ontario, Canada), Laval (Quebec, Canadá), Montevideo (Uruguai), Mendoza (Arxentina), Sao Paulo (Brasil), ESPE (Quito, Ecuador) e Universidade de Chile (Santiago. Chile). As súas principais liñas de investigación céntranse na xeomorfología glaciar e periglaciar; xeomorfología de costas rochosas; estudos integrados do medio natural e paisaxe. Levou a cabo investigacións en España, Portugal, Arxentina, Uruguai, Marrocos, Chile e a Antártida.