Artesanía do territorio. buscamos a mellor solución ás túas necesidades

 
Planificación territorial

Ofrecemos servizos e asesoramento para a planificación territorial e estratéxica: definición de plans e programas territoriais; apoio na elaboración de plan urbanístico; avaliación ambiental estratéxica e estudos de impacto e integración paisaxística.

Asesoramos ás corporacións locais na definición de estratexias urbanas integradas e concreción das súas políticas, apoiamos as iniciativas de mobilidade sustentable e alternativa dos concellos, desde os procesos participativos, ata o deseño de carrís bici, camiños saudables e rutas escolares seguras.

Paisaxe

Dende o ano 2007 integramos a paisaxe en todas as nosas propostas, contamos coa experiencia de poñer en marcha a primeira Estratexia de Paisaxe de Galicia, e a Colección de boas prácticas "Paisaxe Galega", incorporamos a información, formación e participación activa para a definición dos obxectivos de calidade paisaxística e a solución integrada das propostas.

Podemos desenvolver propostas, integrándonos noutros equipos, asesorando para unha mellor comprensión do lugar no que se vai a intervir e, dese modo, mellorar o como se concretará a actuación.

Deseño urbano e arquitectónico

Desenvolvemos tanto proxectos de renovación e rexeneración urbana, para a mellora do espazo urbano, como servizos para o deseño ou restauración arquitectónica. Dende a viabilidade, as avaliacións técnicas e económicas, a dirección de obra e plan de seguridade.

Sistemas de información xeográfica

Abtemas desenvolve e administra Sistemas de Información Xeográfica para apoiar as actividades das administracións locais.

A nosa metodoloxía de traballo posibilita que as pequenas administracións locais se podían beneficiar do TIC de maneira “non disruptiva”, garantindo a continuidade, perdurabilidade e sustentabilidade de servizos.

Comunicación e participación pública

Abtemas axuda na comunicación interactiva entre cidadanía e Administración, de forma que esta pode prestar servizos máis adecuados ás verdadeiras demandas sociais, mediante procesos e solucións axeitadas e apropiables para cada caso.

Desde a información, educación, sensibilización e divulgación activamos a implicación dos colectivos na concreción das accións a levar a cabo para o logro dos obxectivos buscados.

Abtemas desenvolve tanto os métodos e contidos das actividades de comunicación, como as ferramentas gráficas e informáticas necesarias para que sexan máis eficaces.