abtemas taller de estudos ambientais e sociais, é un estudo de arquitectura e urbanismo que busca facer visible o invisible; facer das túas ideas unha realidade.


Traballamos sobre o territorio e as cidades, axudámosche a definir os teus obxectivos de desenvolvemento sustentable, a túa axenda urbana, o teu proxecto persoal.
Facémolo coa ilusión de lograr unha sociedade máis equitativa, solidaria, saudable e resiliente, na que podamos desenvolver o teu proxecto; persoal, social ou empresarial.

Localizamos o mellor posicionamento

Diferenciámonos pola nosa experiencia na análise territorial e na xestión de datos para atopar a localización óptima de cada proxecto.

Retorno social da tecnoloxía

Poñemos ao servizo de cada proxecto tecnoloxía que usamos e desenvolvemos, sacando o máximo proveito dos datos e información xerada.
 

"Unha información organizada permite tomar decisións que manteñan unha liña de evolución coherente, controlando e orientando os recursos, maximizando o impacto social das nosas decisións."

 
 
 

Particular, empresa ou administración. Adaptámonos ás túas necesidades..


Xa sexas particular, empresa ou administración, adaptámonos ás túas necesidades. Traballamos en equipo, de forma colaborativa e solidaria, aspiramos a que as propostas evolucionen, desenvolvemos metodoloxías de forma axeitada para cada caso e apropiable por todas as persoas que nela se impliquen.
  • Seminario internacional UNISCAPE EN-ROUTE
    Aprovechando la asamblea general de UNISCAPE, se ha organizado este seminario, que está coorganizado por UNISCAPE, la Universidad de A Coruña y el COAG, propone una […]
  • BIA Urban Regeneration Forum
    Siempre es un honor, orgullo y gran responsabilidad que te llamen a participar en un congreso, pero más aún que esa llamada implique, además, la de […]